lunes, 25 de mayo de 2009

Donde quiera que estes

Ás veces penso que aínda eu son capaz. Que quizais, eu tamén poderei xogar a ser poeta e deixar plasmado nunha folla aquilo que loita por sair fóra de min. Ao escoitar e ler os personaxes que tanto me acompañaron ó longo do camiño, perecera que todo eso que me sucede, e non podo comprender, colle xeito e unha sensación de folgura e paz enchen o meu peito. Da mesma forma, tantas veces, fixenlle crer ó pobre papel que quen o escribe tamén ten dotes de artista. Pero iso non é todo. Agora, mentres o tempo pasa camiñando amodiño pola beirarúa e eu observoo agachado dende a fiestra do meu refuxio, vexo que o papel non era a única vítima daquel engano. Así, souben que me podería conformar con soñar e voar canto queira, só cando o universo non fose máis que a miña propia creación. Un lugar fondo e cheo de cousas aínda por coñecer, que non pretende atrapar a ninguén, mais me atrapa a min. Cativo son del. Digno son del. E forte me fago grazas a el. Velaí a causa de vos serdes uns seres estraños no meu labiríntico universo tenebroso, que atrae e inquieta mais atrapa e confunde. Aínda que non o desexe.

Para afastarnos deste lugar no que fico eu. Collín esta grande peza de poesía que escribiu un gran amigo do camiño. El, mellor ca min, sabe contentarme e facer das cousas que parecen sombrías algo bonito e entendible.



Donde quiera que estés

Donde quiera que estés,
te gustara saber
que por flaca que fuese la vereda
no malvendí tu pañuelo de seda
por un trozo de pan.
Y que jamás,
por mas cansado que
estuviese, abandoné
tu recuerdo a la orilla del camino,
y por fría que fuera mi noche triste,
no eche al fuego ni uno solo
de los besos que me diste.
Por ti brilló mi sol un día
y cuando pienso en ti brilla de nuevo
sin que lo empañe la melancolía
de los fugaces amores eternos.
Dondequiera que estés,
te gustara saber
que te pude olvidar y no he querido,
y por fría que sea mi noche triste
no echo al fuego ni uno solo
de los besos que me diste.
Dondequiera que estés…
si te acuerdas de mi.

Joan Manuel Serrat

Xa o sei. Non mo repitas. Xa entendín que non hei de forzalo, que se o fago, se volverá contra min. Pero...polo que máis quera, oxala puidese sabelo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario