martes, 5 de febrero de 2013

Reflexos do Sol

Como dicía Buda, somos o que pensamos.Todo o que somos xurde cos nosos pensamentos e cos nosos pensamentos facemos o noso mundo. A miseria non está onde existe fame, a miseria está onde existe riqueza mais falta de amor. Porén a esperanza ten dúas fillas lindas: a indignación e a coraxe; a indignación ensínanos a non aceptar as cousas como están, a coraxe a mudalas. Rosa Parks, a dona que se negou a ceder o seu asento de autobús a un home branco e foi detida por iso, manifestou que só quería ser lembrada coma unha persoa que quixera ser libre. E Martin Luther King aconsellaba: Da o primeiro paso agora. Non importa que non vexas o camiño completo, só da o teu primeiro paso e o resto do camiño irá aparecendo a medida que camiñes. Cando Deus che da un soño é porque ao despertar podemos contar con El para facelo realidade. Dúas recomendacións máis: sermos humildes si, pero deixármonos humillar non. Nunca penses en vingarte, non hai nada máis doce que ver como a vida se cobra as que che fan. E, para rematar, unha cita de Rosa Luxemburgo: 'Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres'. E espero que este pequeno mosaico non pareza incoherente. Ramón Coira Luaces. (Ourense)

No hay comentarios:

Publicar un comentario